viernes, 29 de mayo de 2020

RETO PELOTA

Bo día!!
Hoxe vos propoño diferentes xogos con pelota. Cada exercicio terás que realizalo 10 sg. Serás capaz de facelos???
Manda unha evidencia ao meu correo para ter en conta positivamente o tu traballo esta avaliación.
Acepta o reto en A XOGAR!!!
Bicos e apertas.
María

miércoles, 27 de mayo de 2020

RETO BAILE CONTEMPORANEO

Bo día!!
Como sei que vos gusta moito bailar hoxe vos propoño un reto especial!! no video aparece unha mesma coreografía interpretada e bailada por diferentes persoas (a mellor interpretación é a última, para o meu gusto).
O reto consiste en aprender esta coreografía ou crear a túa propia pero o máis importante e  darlle o teu estilo persoal.
Como sei que é un reto complicado PUNTUA DOBLE!!!!!!
Animate e acepta este reto!!! A bailar e a interpretar a canción!!
Bicos e apertas.
María

lunes, 25 de mayo de 2020

RETO SENSORIAL

Bo día!!
Hoxe nos toca traballar os SENTIDOS!!! Vos propoño un xogo de recoñecemento de  obxectos empregando os diferentes sentidos: tacto (meter diferenetes obxectos nunha caixa ou bolsa e cos ollos tapados haberá que recoñecelos empregando o tacto), Gusto (cos ollos pechados recoñecer diferentes alimentos polo sabor), oido (coller diferentes obxectos ou instrumentos musicais que produzan sons e recoñecelos),  vista (este é o máis sinxelo pero podemos para engadir dificultade podemos situalos lonxe e tratar de recoñecelos).Vos deixo unha folla de rexistro da actividade. Podedes enviarla ao meu enderezo electrónico.
Espero que vos guste e que o pasedes xenial.
Bicos e apertas.
María

viernes, 22 de mayo de 2020

RETO BAILE ALADINO

Bo día!
Hoxe vos propoño bailar con Aladinooooooo!!!! Acepta o reto e ponte a bailar!!! Manda evidencias de este reto ao meu correo para que o teña en conta positivamente ao final do trimestre!!
Bicos e apertas
María

miércoles, 20 de mayo de 2020

APRENDEMOS A COIDARNOS

Bo día!!
Hoxe vos presento unha serie de xogos adicados ao autocoidado tanto no referido á alimentación como á hixiene. Pincha no enlace para acceder aos xogos. Ao finalizar podes enviarme un mail contándome qué xogos che gustaron máis e que aprendiches neles.
Bicos e apertas.
María

COIDADO

viernes, 15 de mayo de 2020

RETO BAILE WAKA WAKA


Bo día!! hoxe e venres, chega a fin de semana e o corpo pide baile!! 
Vos atrevedes co WAKA; WAKAAAAA!!!! Veña ánimo!!!!
Acepta o reto e a BAILARRRRRR
Bicos e apertas.
María







miércoles, 13 de mayo de 2020

RETO XOGO DE PALMAS

Bo día!! Hoxe vos convido a practicar estes divertidos xogos de palmas. Aprendede as cancións e practicade coa  familia estes divertidos xogos .  Manda unha foto ou video ao  meu correo demostrando o dominio adquirido, todos os retos que presentes se valorarán de forma positiva.
Bicos e apertas.
María







lunes, 11 de mayo de 2020

UNO DE EDUCACIÓN FÍSICA

Bo día!!!
Hoxe  é Luns e temos que empezar a semana con moita enerxía. Vos deixo o xogo do UNO que podedes imprimir e xogar na casa. Somentes tedes que premer a palabra UNO que aparece no final do post para poder descargalo.
Se queredes mandar evidencias de que realizades esta actividade podedes enviar unha foto ao meu enderezo electrónico. Espero que vos guste e que o pasedes moi ben xogando.
Bicos e apertas

UNO

viernes, 8 de mayo de 2020

ENCRUCILLADOS

Bo día!!
Qué tal van esos retos?? estades movendo o voso corpiño???
Hoxe vos deixo algo máis tranquilo. Uns encrucillados sobre deportes. Espero que vos gusten.
Bicos e apertas.
María


miércoles, 6 de mayo de 2020

RETO ZUMBA

Bo día!!
Hoxe toca un pouco de zumba yupiiiiiiiiiii!!!!!!
Elixe a coreo que máis che guste e  a bailar!!
Manda unha foto ou video ao meu correo para comprobar que aceptas o reto zumba!!!!
LET´S DANCE!!!!






lunes, 4 de mayo de 2020

RETO GOMA DE SALTAR

Olaaaaa!!!
Hoxe teño para vos o reto da goma de saltar. Se tedes na vosa casa unha goma de saltar (ou goma de costura) é o momento para perfeccionar os saltos e acadar máxima competencia neste xogo. Podedes usar dúas sillas para suxetar a goma. Na imaxe hai 10 retos que podes empregar para facer o quecemento. Despois podedes practicar cos videos. Aprendedes as cancións e facedes os faltos coa máxima creatividade. Podedes enviar un video ao meu enderezo electrónico  saltando, cantando e sobre todo divertíndovos un montón!!
ACEPTA ESTE RETO E A SALTARRRRRRRR!!!!!










A TÚA AXUDA É IMPORTANTE PARA SEGUIR MELLORANDO

Bo día!! Estamos rematando o curso e tamén este periodo de ensinanza online tan novedoso para todos. Coa finalidade de mellorar o desempeño...