miércoles, 29 de abril de 2020

DÍA DA DANZA

Bo día!!
Hoxe día 29 de Abril celebramos o día da danza. Con tal motivo quero compartir con vos esta ficha que presenta un percorrido no que viaxamos dende o neolítico, ao antigo Exipto, a Idade Media ata a actualidade; nunha travesía na que hay que resolver enigmas, descifrar un xeoglífico… para descubrir a fascinante historia da danza a través da pintura. Preme o enlace e terás acceso á ficha. Unha vez realizada a fícha poderás enviala ao meu enderezo eléctrónico. Recorda que todos os traballos e retos enviados serán valorados positivamente na terceira avaliación.
Bicos e apertas
DÍA DA DANZA


lunes, 27 de abril de 2020

XOGO DE MESA DE EDUCACIÓN FÍSICA

Bo día!!
Qué tal estades? espero que fenomenal. Hoxe teño preparado para vos un xogo de mesa de Educación Física. Espero que vos guste e que disfrutedes moito facendo exercicio.
Bicos e apertas.

viernes, 24 de abril de 2020

RETO DANZA AFRICANA

Bo día!!
Que tal vai o confinamento?? seguro que estades aproveitando para facer cousas ben interesantes: facer moito exercicio, estudar, cociñar, facer manualidades, pasar máis tempo coa familia e disfrutar do tempo de lecer!!!!
 Hoxe vos propoño un novo reto para que o pasedes xenial.
 Esta vez é un baile africano. Observa o video e os movementos dos nenos, aprende os pasos pouco a pouco, busca un look estilo africano (peinado, pulseras, roupa de colores, pendientes e collares grandes....) e fai a túa proposta personal da danza. Podes invitar á túa familia a que participe no reto contigo, sería moi bonito un baile africano en familia. Podes grabar e enviar o teu video ao meu correo se queres que o pendure no blog.
ACEPTA ESTE RETO!!!!
Animo e a bailar !!!!!

miércoles, 22 de abril de 2020

TONIFICA O TEU CORPO NA CUARENTENA

Bo día!! Hoxe vos deixo unha rutina de tonificación. O vídeo de hoxe combina exercicios que implican todos os grupos musculares do corpo polo que é unha rutina moi boa e divertida. Se non podes realizar todas as repeticións non pasa nada. Repite o video ao día seguinte e verás como pouco a pouco o conseguirás.
Animo e a entrenar!!!!

lunes, 20 de abril de 2020

RETO PUNTERIA

Bo día!! Hoxe vos propoño un xogo para mellorar a puntería. Somente tedes que imprimir o animaliño que máis vos guste, recortar seguindo os puntos e pegarlle un cartón por detrás para darlle consistencia á figura. Teredes que lanzarlle os alimentos tratando de metelos na boca. Ide modificando a distancia en función dos éxitos conseguidos. Un saudiño e a coidarse.

viernes, 17 de abril de 2020

RETO ZUMBA UXÍA

Bo día!! Uxía tamén aceptou o reto zumba e fixo un traballo excepcional. Aprendeu a coreografía fenomenal, engadiulle o seu estilo persoal e preparou unha posta en escena totalmente acorde co tema: indumetaria, zapatillas de baile, estupendo peinado e ese gran soriso que ilumnia ao mundo. Moitas grazas e a seguir participando, divertíndose e movendo o corpo.

miércoles, 15 de abril de 2020

RETO PERCUSIÓN CORPORAL

Hoxe vos propoño un reto de percusión corporal!!
 E importante que o tomedes con calma e repitades os movementos varias veces para poder conseguilo. Recordade que é un exercicio moi bo para traballar a cordinación e tamén a memoria. Podedes enviarme este reto por mail se queredes que o pendure no blog de Educación Física!!!


lunes, 13 de abril de 2020

RETO ZUMBA SABELA

Boas tardes!!!
Aquí tedes o reto zumba de Sabela Lago!!
Unha realización  da coreografía excepcional, unha posta en escena extraordinaria, moi bo traballo  e grazas tamén aos teus pais polas axudas técnicas!!!
Noraboa Sabelix, eres unha crack!!! Segue contaxiando  o gusto polo baile e o movemento.
Bicos e apertas

RETO COMBA 2

Bo día!!
Hoxe vos deixo un novo reto para que saltedes á comba.
Seredes capaces de superalo? Se conseguides 10 saltos seguidos de cada modalidade o reto estará superado. Podes facer un vídeo e envíalo ao meu enderezo electrónico. Valorarase a posta en escena, a actitude na realización da tarefa, a indumentaria para o reto e sobre todo a creatividade e orixinalidade no reto.
ANIMO E A SALTARRRRR!!
 Bicos e apertas a tod@s.



lunes, 6 de abril de 2020

RETO BOLAS DE MALABARES

Bo día!
Hoxe propoño a elaboración na casa dunhas bolas de malabares coas que poderás aprender distintas habilidades que aparecen no video.



viernes, 3 de abril de 2020

RETO ZUMBA

Bos días!!
Hoxe vos propoño preparar esta coreografía de zumba. Podedes aprender os pasos, facer un video e enviarmo áo meu enderezo electrónico.
Acetade o reto e......A bailar!!!!
Bicos e apertas

miércoles, 1 de abril de 2020

RETO PARA FORTALECER O CORPO CONTRA O CORONAVIRUS

Bos días!
Hoxe vos deixo un xogo de mesa para fortalecer o noso corpo e non enfermar. Somente o tedes que imprimir e xogar coa vosa familia.
Bicos e apertas.
María



A TÚA AXUDA É IMPORTANTE PARA SEGUIR MELLORANDO

Bo día!! Estamos rematando o curso e tamén este periodo de ensinanza online tan novedoso para todos. Coa finalidade de mellorar o desempeño...