miércoles, 17 de junio de 2020

A TÚA AXUDA É IMPORTANTE PARA SEGUIR MELLORANDO

Bo día!! Estamos rematando o curso e tamén este periodo de ensinanza online tan novedoso para todos.
Coa finalidade de mellorar o desempeño docente vos pediría que respostárades as seguintes preguntas deste cuestionario.
A única finalidade é avaliar este periodo de ensinanza online para saber se foi útil e qué aspectos se poden mellorar.
Moitas grazas pola vosa colaboración.
Bicos e apertas.
María

  https://forms.office.com/Pages/ResponsePage.aspx?id=DQSIkWdsW0yxEjajBLZtrQAAAAAAAAAAAAZAAJ7sEINUMkpQOU8zWDJOQjRKTlk4SlhWMUk1VkdNQy4u

lunes, 15 de junio de 2020

RETO FINAL

Bo día!! Esta será a última semana de este curso tan atípico que vivimos. Para estes últimos días vos propoño unha actividades libre. Cada un de vos preparará un traballo de Educación Física amosando as súas mellores habilidades físicas. Pode ser unha composición (baile ou secuencia de movementos ximnásticos, de equilibrio, de flexibilidade ou unha habilidade concreta como un gran salto, toques co balón, traballo de coordinación....). Podedes empregar o non material. Non hai límite de tempo e se valorará o esforzo na realización, a actitude, e a posta en escena. Animo hai que despedir o curso como se merece. Bicos e apertas. María

viernes, 12 de junio de 2020

RETO MACARENA

Bos días!!
Hoxe vos propoño darlle un pouco de alegría ao corpo co baile de Macarena!!!
Acepta o reto e A BAILAR!!!!
Bicos e apertas.
María


miércoles, 10 de junio de 2020

RETO PAPIROFLEXIA

Bo día!! Hoxe toca traballar a psicomotricidade fina, para iso imos realizar algún traballo de papiroflexia. A continuación vos deixo vídeos explicativos para realizar diferentes propostas así como diferentes follas que podedes imprimir. Espero que vos guste e que disfrutedes moito con este reto.
Bicos e apertas.
María




























lunes, 8 de junio de 2020

RETO PSICOMOTRIZ

Bo día!!
Este reto vai dirixido aos máis pequenos xa que é un taboleiro para traballar a psicomotricidade!!!
Só tedes que descargar a imaxe, imprimila e comenzar a xogar. Espero que vos guste e que disfrutedes xogando.
Bicos e apertas
María

viernes, 5 de junio de 2020

RETO BAILE

Bo día!!
Hoxe vos propoño esta coreo "BABY SHARK"!!
Acepta o reto e A BAILAR!!!
Bicos e apertas.
María

miércoles, 3 de junio de 2020

RETO CIRCUITO

Bo día!!
Este reto consiste en organizar un circuito motriz na casa con diferentes xogos.  Non precisa demasiado material, anímate e acepta o reto.
Bicos e apertas.
María

lunes, 1 de junio de 2020

XOGO DE IOGA

Bo día!! 
Hoxe vos deixo este taboleiro para que practiquedes as diferentes posturas de ioga en familia, Só tedes que descargalo premendo na imaxe.
O xogo é ben sinxelo. Todos os participantes se sitúan na saída, tiran o dado e avanzan o número de casillas que indica o dado, deberán permanecer 15 segundos na postura que corresponda mentres o resto vixila que teña o corpo ben posicionado e que se cumplan os 15 sg, se o consegue poden tirar o dado novamente e se non o consegue tira o  seguinte xogador. Espero que vos guste e que o pasedes xenial xogando.
Bicos e apertas.
María




viernes, 29 de mayo de 2020

RETO PELOTA

Bo día!!
Hoxe vos propoño diferentes xogos con pelota. Cada exercicio terás que realizalo 10 sg. Serás capaz de facelos???
Manda unha evidencia ao meu correo para ter en conta positivamente o tu traballo esta avaliación.
Acepta o reto en A XOGAR!!!
Bicos e apertas.
María

miércoles, 27 de mayo de 2020

RETO BAILE CONTEMPORANEO

Bo día!!
Como sei que vos gusta moito bailar hoxe vos propoño un reto especial!! no video aparece unha mesma coreografía interpretada e bailada por diferentes persoas (a mellor interpretación é a última, para o meu gusto).
O reto consiste en aprender esta coreografía ou crear a túa propia pero o máis importante e  darlle o teu estilo persoal.
Como sei que é un reto complicado PUNTUA DOBLE!!!!!!
Animate e acepta este reto!!! A bailar e a interpretar a canción!!
Bicos e apertas.
María

lunes, 25 de mayo de 2020

RETO SENSORIAL

Bo día!!
Hoxe nos toca traballar os SENTIDOS!!! Vos propoño un xogo de recoñecemento de  obxectos empregando os diferentes sentidos: tacto (meter diferenetes obxectos nunha caixa ou bolsa e cos ollos tapados haberá que recoñecelos empregando o tacto), Gusto (cos ollos pechados recoñecer diferentes alimentos polo sabor), oido (coller diferentes obxectos ou instrumentos musicais que produzan sons e recoñecelos),  vista (este é o máis sinxelo pero podemos para engadir dificultade podemos situalos lonxe e tratar de recoñecelos).Vos deixo unha folla de rexistro da actividade. Podedes enviarla ao meu enderezo electrónico.
Espero que vos guste e que o pasedes xenial.
Bicos e apertas.
María

viernes, 22 de mayo de 2020

RETO BAILE ALADINO

Bo día!
Hoxe vos propoño bailar con Aladinooooooo!!!! Acepta o reto e ponte a bailar!!! Manda evidencias de este reto ao meu correo para que o teña en conta positivamente ao final do trimestre!!
Bicos e apertas
María

miércoles, 20 de mayo de 2020

APRENDEMOS A COIDARNOS

Bo día!!
Hoxe vos presento unha serie de xogos adicados ao autocoidado tanto no referido á alimentación como á hixiene. Pincha no enlace para acceder aos xogos. Ao finalizar podes enviarme un mail contándome qué xogos che gustaron máis e que aprendiches neles.
Bicos e apertas.
María

COIDADO

viernes, 15 de mayo de 2020

RETO BAILE WAKA WAKA


Bo día!! hoxe e venres, chega a fin de semana e o corpo pide baile!! 
Vos atrevedes co WAKA; WAKAAAAA!!!! Veña ánimo!!!!
Acepta o reto e a BAILARRRRRR
Bicos e apertas.
María







miércoles, 13 de mayo de 2020

RETO XOGO DE PALMAS

Bo día!! Hoxe vos convido a practicar estes divertidos xogos de palmas. Aprendede as cancións e practicade coa  familia estes divertidos xogos .  Manda unha foto ou video ao  meu correo demostrando o dominio adquirido, todos os retos que presentes se valorarán de forma positiva.
Bicos e apertas.
María







lunes, 11 de mayo de 2020

UNO DE EDUCACIÓN FÍSICA

Bo día!!!
Hoxe  é Luns e temos que empezar a semana con moita enerxía. Vos deixo o xogo do UNO que podedes imprimir e xogar na casa. Somentes tedes que premer a palabra UNO que aparece no final do post para poder descargalo.
Se queredes mandar evidencias de que realizades esta actividade podedes enviar unha foto ao meu enderezo electrónico. Espero que vos guste e que o pasedes moi ben xogando.
Bicos e apertas

UNO

viernes, 8 de mayo de 2020

ENCRUCILLADOS

Bo día!!
Qué tal van esos retos?? estades movendo o voso corpiño???
Hoxe vos deixo algo máis tranquilo. Uns encrucillados sobre deportes. Espero que vos gusten.
Bicos e apertas.
María


miércoles, 6 de mayo de 2020

RETO ZUMBA

Bo día!!
Hoxe toca un pouco de zumba yupiiiiiiiiiii!!!!!!
Elixe a coreo que máis che guste e  a bailar!!
Manda unha foto ou video ao meu correo para comprobar que aceptas o reto zumba!!!!
LET´S DANCE!!!!






lunes, 4 de mayo de 2020

RETO GOMA DE SALTAR

Olaaaaa!!!
Hoxe teño para vos o reto da goma de saltar. Se tedes na vosa casa unha goma de saltar (ou goma de costura) é o momento para perfeccionar os saltos e acadar máxima competencia neste xogo. Podedes usar dúas sillas para suxetar a goma. Na imaxe hai 10 retos que podes empregar para facer o quecemento. Despois podedes practicar cos videos. Aprendedes as cancións e facedes os faltos coa máxima creatividade. Podedes enviar un video ao meu enderezo electrónico  saltando, cantando e sobre todo divertíndovos un montón!!
ACEPTA ESTE RETO E A SALTARRRRRRRR!!!!!










miércoles, 29 de abril de 2020

DÍA DA DANZA

Bo día!!
Hoxe día 29 de Abril celebramos o día da danza. Con tal motivo quero compartir con vos esta ficha que presenta un percorrido no que viaxamos dende o neolítico, ao antigo Exipto, a Idade Media ata a actualidade; nunha travesía na que hay que resolver enigmas, descifrar un xeoglífico… para descubrir a fascinante historia da danza a través da pintura. Preme o enlace e terás acceso á ficha. Unha vez realizada a fícha poderás enviala ao meu enderezo eléctrónico. Recorda que todos os traballos e retos enviados serán valorados positivamente na terceira avaliación.
Bicos e apertas
DÍA DA DANZA


A TÚA AXUDA É IMPORTANTE PARA SEGUIR MELLORANDO

Bo día!! Estamos rematando o curso e tamén este periodo de ensinanza online tan novedoso para todos. Coa finalidade de mellorar o desempeño...