Bo día!!
Este reto consiste en organizar un circuito motriz na casa con diferentes xogos. Non precisa demasiado material, anímate e acepta o reto.
Bicos e apertas.
María
Hoxe vos deixo este taboleiro para que practiquedes as diferentes posturas de ioga en familia, Só tedes que descargalo premendo na imaxe.
O xogo é ben sinxelo. Todos os participantes se sitúan na saída, tiran o dado e avanzan o número de casillas que indica o dado, deberán permanecer 15 segundos na postura que corresponda mentres o resto vixila que teña o corpo ben posicionado e que se cumplan os 15 sg, se o consegue poden tirar o dado novamente e se non o consegue tira o seguinte xogador. Espero que vos guste e que o pasedes xenial xogando.
Bicos e apertas.
María
Bo día!!
Hoxe vos propoño diferentes xogos con pelota. Cada exercicio terás que realizalo 10 sg. Serás capaz de facelos???
Manda unha evidencia ao meu correo para ter en conta positivamente o tu traballo esta avaliación.
Acepta o reto en A XOGAR!!!
Bicos e apertas.
María
Bo día!!
Como sei que vos gusta moito bailar hoxe vos propoño un reto especial!! no video aparece unha mesma coreografía interpretada e bailada por diferentes persoas (a mellor interpretación é a última, para o meu gusto).
O reto consiste en aprender esta coreografía ou crear a túa propia pero o máis importante e darlle o teu estilo persoal.
Como sei que é un reto complicado PUNTUA DOBLE!!!!!!
Animate e acepta este reto!!! A bailar e a interpretar a canción!!
Bicos e apertas.
María
Bo día!!
Hoxe nos toca traballar os SENTIDOS!!! Vos propoño un xogo de recoñecemento de obxectos empregando os diferentes sentidos: tacto (meter diferenetes obxectos nunha caixa ou bolsa e cos ollos tapados haberá que recoñecelos empregando o tacto), Gusto (cos ollos pechados recoñecer diferentes alimentos polo sabor), oido (coller diferentes obxectos ou instrumentos musicais que produzan sons e recoñecelos), vista (este é o máis sinxelo pero podemos para engadir dificultade podemos situalos lonxe e tratar de recoñecelos).Vos deixo unha folla de rexistro da actividade. Podedes enviarla ao meu enderezo electrónico.
Espero que vos guste e que o pasedes xenial.
Bicos e apertas.
María
Bo día!
Hoxe vos propoño bailar con Aladinooooooo!!!! Acepta o reto e ponte a bailar!!! Manda evidencias de este reto ao meu correo para que o teña en conta positivamente ao final do trimestre!!
Bicos e apertas
María